· A mentira vai ben hasta
que a verdad non ven.

· Hai que gardar das risas
prás choras.

· De tal pao tal astilla.

· En abril augas mil.

· En maio, aínda a vella
queima o tallo.

· Máis importante que falar e aprender a escoitar.

· Non se engaña o que non conta nin se baixa o que non monta.

· Nin xo que pare nin arre que corra.

Recollido por:

Coral Fuentes Tasende
Informante: Tomás Fuentes
Idade: 73 anos
Lugar de nacemento: Ordes
Onde e a quen lla escoitou: a súa na
Lugar de recollida: Ordes


· Vaite febreiriño cos teus vinteoito, se duraras outros catro non deixabas can nin gato.

· En maio aínda a vella queima o tallo e o pouco que lle quedou, en San Xoán o queimou.

· En abril augas mil.

· A auga de abril enche carro e carril.

· A todo porco lle chega o seu San Martiño.

· A auga de maio tolle o millo e pan non dá.

· O verán de San Martiño, ou grande ou pequeniño.

· O martes nin te cases nin te embarques.

· Fai ben e non mires a quen.

· Os fillos da miña filla, meus netiños son, os fillos da miña nora, ou o serán ou non.

· Sol madrugador, pouco durador.

· Can ladrador, pouco mordedor.

Recollido por Inés Martínez Pena

· Nome: Josefa Pombo (miña avoa materna).
· Idade: 74
· Lugar de nacemento: A Silva.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu ela.
· Lugar de recollida: A Silva.

· Nome: Ricardo Pena (avó materno).
· Idade: 73
· Lugar de nacemento: Queixas.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu el.
· Lugar de recollida: A Silva.


Refráns



  • O que de boa nai busca a filla, de boa cepa inserta a viña.
  • Dime con quen andas e eu che direi quen es.
  • Cada cousa no seu tempo e mallar no mes de agosto.
  • De pequeniño rei, de grande capitán, cando traballaba burro e de vello can.
  • No mes de maio aínda a vella queima o tallo, un pé que lle quedou no San Xoán o queimou.
  • En maio aínda a vella queima o tallo e ata o 40 de maio non te quites o saio.