Lenda

Cando miña avoa era moza había unha lenda que falaba dun vello veciño da aldea que ía pola corredoira cara o muiño moer. Cando viña de volta cara á casa xa era noite. Ía pola corredoira cando de repente viu unha morea de luces e sentíu unhas voces que lle dicían:
- Señor, ¿quere ir alto ou baixo?
El contestoulle que polo baixo. Nese momento notou que o levantaban e o arrastraban polas silveiras. El non soubo canta distancia percorrera polas silveiras pero volverono a deixar no mesmo lugar. Cando chegou á casa, sen fala, oc medo que pasara, e a roupa toda rachada, os da casa os veciño decían que fora a Estadea. Dende iso quedou a lenda de que nesa corredoira estaba a Estadea.

Informante:

Nome: Jesusa Pereiro Dubra.
Idade: 72 anos.
Lugar de nacemento: San Mamede.
Onde e a quen lla escoitou: En Fornelos ás súas irmáns.
Lugar de recollida: Toural.

Feito por:

Andrea Lamas Castro.

CONTO
O zorro era moi fanfarrón, entonces sempre contaba moitas valentías,il era moi valiente. Entonces díxolle ó ghato:
-¡Ai,compadre!-¿ E usté cantas mañas sabe?
E díxolle o ghato:
- Eu unha sola.
- Pois eu seille cento e vinte e un saco cheo.
E nesto, ve upo eí un can.Ven o can-xa ves-tras do zorro e do ghato. E o ghato subiuse a un arból e quedou alí. Pero seghiu ó zorro , ¡fun fun!, encima encima,….e despois berráballe o ghato desde o árbol:
- Ai , ho , saca das do saco, que as vinte non che valen.

Lenda
Din que no Couto de Recadeira hai moito ouro metido nun caldeiro de cobre. Segundo uns, está no camiña que vai a onde está o monumento megalítico, e segundo outros, debaixo da pena. Din que o deixaron alí os mouros.

Coral Fuentes Tasende
Informante: Tomás Fuentes
Idade: 73 anos
Lugar de nacemento: Ordes
Onde e a quen lla escoitou: a súa na
Lugar de recollida: Ordes


Conto


Era un carreteiro que tiña un carro moi bo e uns bois moi mantidos. Preguntoulle un home cantos cartos quería polo carro e os bois. O home dixolle que non había diñeiro que llo pagase. Dixolle o outro que tiña catro cousas que valían moito: marzo rabioso, abril chuvioso, maio nuboso e San Xoán claro valen máis que os teus bois e o teu carro.

Informante

Nome: Jesús e Eusebia
Idade: 54 e 72 anos
Lugar de nacemento: A Silva
Onde e a quen llo escoitou: en A Silva a irmás, pais e curmás.
Feito por: Martín Loureiro Aimegenda

Conto

Un rapaz foise confesar e díxolle ó cura:
-Teño moitos pecados, pero teño un moi grande.
-Que pecado tan grande tes?-preguntoulle o cura.
-Quixen roubar unha ovella. E quixena quitar polo tellado pero non fun capaz.
Cando se acabou a confesión dixolle o rapaz:
-Canto lle debo?
-Un peso-contestou o crego.
O rapaz daballe o peso polo burato do confesionario pero non entraba.
-Damo pola porta-díxolle o cura
-Cata! Que carallo! Se a min me trouxeran a ovella pola porta tamen eu a roubaba.

Informante
Nome: Jesús e Eusebia
Idade: 54 e 72 anos
Lugar de nacemento: A Silva
Onde e a quen llo escoitou: en A Silva a irmás, pais e curmás.
Feito por: Martín Loureiro Aimegenda

Conto

Un labrador tiña un fillo. O fillo casouse, despois este tuvo outro fillo. O seu avó iva moi vello. A nora dixolle:


-Bota a teu pai po pallote que é moi vello e el obedeceu.

Mandoulle o rapaz que lle dera unha manta o seu avó e o rapaz cortouna a metade. O pai díxolle:

-Dalla enteira.

E o fillo respondeu:

-Non, non papa! O outro anaco é pa ti cando sexas vello.

Informante
Nome: Jesús, Eusebia, Nieves e Eliseo
Idade: 54, 72, 65 e 71 anos
Lugar de nacemento: A Silva
Onde e a quen llo escoitou: en A Silva a irmás, pais e curmás.
Feito por: Damián López Pérez


Lenda:
Hai anos, na parroquia de Xesteda, nun lugar chamado a ponte Lucenza, a xente vía unha luz. A luz só se vía ao lonxe, se te achegabas ao lugar non conseguías divisala.
Unha noite, un home da aldea voltaba á súa casa e viu ou máis ben pareceulle ver, unha galiña na beirarrúa. O home quedou asombrado, preguntouse que faría aquel animal alí, pero non lle deu maior importancia e continuou o seu camiño a casa. Pero isto ocorreulle varias veces, cando pasaba por aquela beirarrúa moitas veces via a galiña. O peor de todo era que el sabía que esa galiña non existía, non estaba alí, pero sembre a vía.
Despois da historia deste home a xente déuselle por pensar que aquelaa luz á que chamaban “a estadea” tampouco existía, que só eran alucinacións, que a xente vía cousas coa fame a algúns mesmo dicían que era cousa do demo.


Informante
Nome: Emilia Carmen Gonzalez Bello-
Idade: 58 anos
Lugar de nacemento: Xesteda
Feito por: Jennifer Calviño López




· Conta a xente da miña aldea que onde está actualmente o xardín da miña casa había antes un carreiro no que todas as noites aparecía o pantasma dunha nena sentada.


· Un veciño da nosa aldea ía de noite por un camiño cando se atopou ca Santa Compaña que lle dixo:
- Queres ir para o ceo ou para o inferno?
- Quero ir para o ceo- respondeu o home.
Dito isto o home comezou a elevarse como se tivese resortes nos pés e acabou caendo nunha silveira. Logo, tiveron que ir os familiares buscalo.


· Nun monte da aldea había unha pantasma que vendía cousas e sempre lle dicían ós nenos que se a vían lle tiñan que dicir que as cousas que vendía eran moi bonitas porque se non collía o trigo das leiras mediante un remuíño de vento.


· Dicíase que o demo perseguía a unha muller da vila veciña. Un día dous homes atoparon ó maligno enriba dun carballo e, como xa sabían a historia da muller, berráronlle:
- Baixa! Baixa de aí!
- Vouvos matar!- respondía o demo.
Grazas a que eses homes se encararon co demo este deixou de perseguir á pobre muller.


· Sempre se pensou que cando morría unha persoa era un mal presaxio pasar polo camiño que recorría o defunto porque nos cruces aparecía a “Estadea” que son luces do máis alá e persoas enloitadas que facía que a xente estremecese co temor.

· Cando se pasaba por un camiño por onde se levaban ós defuntos e cheiraba a cera pensábase que pronto morrería outra persoa. O mesmo significaba levar a caixa dun morto atravesada.


· Son moi típicas as historias que contan que os mortos se aparecen porque necesitan axuda pero o certo é que este é un rumor que contan como real. Unha rapaza vivía coa súa avoa ata que un día a muller faleceu. Para o enterro a rapaza encargoulle a un xastre dous traxes negros, un para ela e outro para a súa avoa.
Unha noite aparecéuselle o espírito da avoa e díxolle:
- Puxéchesme un traxe negro e aquí non o podo usar. Mañá quero que traias a fouce e que mo raches.
- Pero iso é imposible!! É un disparate!!- dixo a rapaza.
- Ti fai o que che pido, por favor.
Finalmente, a rapaza decidiu realizar a petición da súa avoa e desde que o fixo non se lle volveu a aparecer.


· Pola miña aldea e, tamén nas vilas veciñas, se conta a historia dun home que pasou unha noite pola Igrexa e viu que estaba aberta, que se estaba dando unha misa. Entrou, e estivo alí durante toda a cerimonia e, cando se acabou a misa desapareceron todas as persoas e as velas apagáronse. Cando volveu en si, estaba no camiño da súa casa. Non sabía como chegara alí nin como saíra da Igrexa. A xente pensaba que as persoas coas que este home estivo na misa estaban mortas, incluíndo ó cura.
Ó día seguinte o home foi xunto o párroco para contarlle o sucedido e este díxolle:
- Hoxe á noite vaite á misa á mesma hora que onte e antes de acabar a misa marcha da Igrexa porque se van pechar as portas e unha vez encerrado non sei que che poderá pasar.

· Outro dos temas dos que máis se fala é das posesións, pois tamén pasaron por aquí. Unha muller esta posuída polo demo e levárona ó “Corpiño” entre os tres home máis fortes da vila pero cando a quixeron pasar por debaixo do manto do santo non foron capaces. Ela dicía que tiña sede e que non ían poder con ela e, coa mesma, escapou a unha taberna onde pediu un vaso de auga. Os home, aproveitando que estaba despistada, volveron a collela pero esta vez si que conseguiron pasala por debaixo do manto. Cando saíu polo outro lado xa era a muller de sempre pero o demo non marchara senón que agora estaba no corpo dunha nena que marchou dicindo:
- Agora teño un corpo novo, non puidestes comigo!


· meu bisavó paterno estaba moi enfermo e nos seus últimos días, miña avoa e miña tía durmían na mesma habitación ca el. Meu bisavó estaba agoniando e non podía falar. A súa última noite con vida as mulleres espertaron e viron entrar unha gran luz branca pola ventá que recorreu toda a estancia ata situarse enriba do meu bisavó. Pasados uns minutos a luz marchou por onde viñera e meu bisavó morreu.


· Un tío de miña nai contoulle a miña avoa que vindo unha noite dunha ruada en bicicleta viu pasar unhas luces, a caixa dun morto e a xente enloitada chorando. El, cheo de medo, tirou a bicicleta e marchou correndo para a casa. Ó día seguinte díxolle a seus pais que pensaba que unha veciña que estaba moi enferma ía morrer porque vira á “Estadea”. Resultou que ó día seguinte morreu un home totalmente san, e non a velliña como el supuxera.

Recollido por Inés Martínez Pena

· Nome: Josefa Pombo (miña avoa materna).
· Idade: 74
· Lugar de nacemento: A Silva.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu ela.
· Lugar de recollida: A Silva.

· Nome: Ricardo Pena (avó materno).
· Idade: 73
· Lugar de nacemento: Queixas.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu el.
· Lugar de recollida: A Silva.



A raposa preñada:

Unha raposa e un raposo foron a un galiñeiro coller galiñas. A raposa non podía pasar para dentro do cerrado porque estaba preñada, daquela o raposo íalle
pasando as galiñas e ela carrexábaas a beira do río. Despois o raposo pasou cas galiñas todas cara a outra parte do río. A raposa olvidóuselle que estaba preñada e quixo facer o mesmo. Saltou pero caeu no río e afogou.



Lendas



Estadea:
Dise que cando unha persoa está apunto de falecer os cans ouvean, cheira a cera nos arredores da persoa e cando por fin falece pasa unha luz branca por diante da porta.
Dise que se se chega a ver espíritos detrás desa luz, a estadea lévate consigo causando a túa morte e quedándose co teu espírito.

Sombra:
Dise que cando un neno come moi pouco e non medra ten a sombra. Hai moitas formas de coller a sombra; se unha muller embarazada vai a un enterro e lle da a sombra do ataúde colle a sombra do falecido, se un gato está preñado ou unha ave está encubando os ovos e un rapaz salta por encima dese animal colle a sombra da cría...
Para quitar a sombra tamén existen varios modos de facelo. Algúns deles son:
Dúas Marías teñen que levar o rapaz que teña a sombra a xunto de unha silva que estea prendida polas dúas esquinas, ou xunto de un pexegueiro. Hai que pasar o rapaz nove veces por debaixo da silva mentres as Marías din:
- María toma
- E ti que me das?
- Douche o ramo de San Blas
- Eu recíboo, sano e a salvo, con poder se Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e un Ave María.
Despois rezábanse estas oracións varias veces, e ao rematar quedaban xunto á silva ou o pexegueiro pelo ou plumas do animal que lle dese a sombra.
Outra das formas de sacala era queimando un toxo macho, e as cinzas mestúranse con auga e sal e nesa auga lávase o rapaz. Para lavalo, hai que comezar polos pés e rematar pola cabeza. Unha vez lavado coase a auga para outro caldeiro con un pano. No pano
Quedan pelos ou plumas do animal que che dese a sombra, e a auga do caldeiro hai que ila tirar a unha encrucillada pola que pasen tres camiños.

Recoñido por : Leticia Rodríguez Cabeza , Míriam García Raña e Lydia Pardo Becerra


Nome: Manuela Cabeza Iglesias.
Idade: 52 anos
Lugar de nacemento: Belir
Onde aprendeu a lenda/cantiga/conto: Nas romarías, festas, etc
Lugar de recollida: Na casa

Nome: Gumersindo Raña Rama
Idade: 82 anos
Lugar de nacemento: Rego da Iña
Onde aprendeu a lenda/cantiga/conto: Oíullos aos veciños
Lugar de recollida: Na casa

Nome: Clarisa Regueiro Castro
Idade: 81 anos
Lugar de nacemento: Rodís
Onde aprendeu a lenda/cantiga/conto: Contáronllas de pequena
Lugar de recollida: Na casa