Cantigas

Lugariño da Silva

dende lonxe parece a vida

ten un caravel na entrada

e unha rosa na saída

María ten boas pernas

que lals vin no comedor

Non vin pernas coma elas

na filla dun labrador

No muíño onde onde eu moio

tamén moe unha señora.

Bótalle gran queridiña

bótalle gran que non roa

O viño vaise bebendo.

O viño vaise bebendo.

O cariño vai entrando.

O creto vaise perdendo.

Unha noite me colleron

nunha fiada de lan

unha noite me colleron

outra non me collerán


*Damián López Pérez
*Nome dos informantes: Jesús (54 anos), Eusebia (77 anos), Nieves (65 anos), Eliseo (71 anos).
*Lugar de nacemento: todos na Silva.
*Onde e a quen llas escoitaron decir: Na Silva, ós tíos, irmáns e pais.


Fun ó muíño con Paula.

Fun ó muíño con ela.

​Fun ó muíño con Paula.

Fun en paz e vin ​en guerra.

Quen me dera ter nai,

aínda que fora dunha silva,

anque a silva pícara,

Sempre sería nai miña!

​Quen me dera saber

onde a rula ten o niño!

Teno na horta do cura

no máis alto ramalliño!

Cara de cañoto seco,

cara de cañoto seco,

vai calando, vai calando,

que eu contigo non me meto.

Miña nai maila túa

foron de romaría

a túa como é lambona

comeulle o xantar á miña.


*Martín Loureiro Ameijenda
*Nome dos informantes: Jesús (54 anos), Eusebia (77 anos).
*Lugar de nacemento: Todos na Silva


Eu ben vin

estar o cuco,

no bico dun abeneiro

con unha subela na man,

aprendendo a zapateiro.

Costureiriña bonita,

dame unha agulla de prata,

para quitar unha espiña

do corazón que me mata.

O mariñeiro traballa

de noite coa luz da lúa,

da gusto velo chegar

pola mañá

cheirando a fescura.

O carballo da portela

ten a folla rebirada

que lla revirou o aire

unha mañá de xiada.

A miña galiña branca

houboma comer o coco,

dou tres voltiñas no aire

tócalle o pito farruco.



Feito por Tatiana Seijo Rodríguez



Vaite lavar ao pilón

Vaite lavar ao pilón

Aínda que laves e relaves

Es negriño de nación.

Unha vella dille á outra

Polo buratiño da porta,

“ti métete na túa vida

que a miña nada che importa”.

O carballo da portela

abanea e non cae

así fai a boa nena

que se guía por seu pai.

Eu casar casaría

eu casar casaría,

se a vida de casada

fose como a do primeiro día.

Aínda que regañes os dentes

como o ferreiro martelos,

risa de min non a fas

aínda que te leven os demos.

O canteiro pica pica

pica na pedra miúda

pica na muller allea,

outro lle pica na súa.

Eu a ti quéroche ben

regaliño dos meus ollos

eu a ti quéroche ben

non lle quero así a todos.

Este pandeiro que toco

non é meu que é de Pilara

que mo deixou este día

que estabamos de foliada.

Agora que ven a noite

vén a miña alegría

para velo meu amor

que non o vin polo día.

Eu cantar cantaba ben,

a gracia non era moita

quedoume no lavadoiro

cando fun lavar a roupa.

Es bonita máis ben

es bonita máis ben

eras amigo das nenas

como os bois do alcacén.

Os mociños de hoxe en día

teñen moita pillaría

onde lle dan a bicada

xa non volven outro día.

As mociñas de hoxe en día

todas son unhas viletas

por unha copa de caña

deixan apalpar as tetas.

O muíño moe moe

bota a fariña por enriba

se queres a boa nena

buscarala de día.


Recollido por Inés Martínez Pena

· Nome: Josefa Pombo (miña avoa materna).
· Idade: 74
· Lugar de nacemento: A Silva.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu ela.
· Lugar de recollida: A Silva.

· Nome: Ricardo Pena (avó materno).
· Idade: 73
· Lugar de nacemento: Queixas.
· Onde e a quen lle escoitou o conto/cantiga/lenda...: contáronllos seus pais, seus avós, seus veciños ou, simplemente, os viviu el.
· Lugar de recollida: A Silva.




Vindo da colá

da riba do monte

viña unha nena

de calcetare

era bonita

e eu pedinlle

un bico pero ela

non cho mo quixo dare.

O paxaro cando chove

mete o rabo na silveira

así fai a boa moza

cando non ten que na queira.

Se queres que o carro cante (BIS)

bótalle o eixo de freixo,

que queres que o amor veña (BIS)

dalle talladas de queixo.

Miña nai por me casare

ofreceume o cu dun pote

e agora que me casei

doume con el no cocote.

Este neno ten sono

ten ganas de durmir.

Un ollo xa o ten pechado

e o outro non o pode abrir.



Coral Fuentes Tasende
Informante: Tomás Fuentes
Idade: 73 anos
Lugar de nacemento: Ordes
Onde e a quen lla escoitou: a súa na
Lugar de recollida: Ordes




Cantiga de Festa


Cacheliña de San Xoán

que non te morda cadela nin can.

Nin cousiña mala

que ande polo chan.

Meu santo San Fins do Castro

tes as culleres na fonte

para beber os romeiros

que de lonxe veñen a verte.

Cantiga de labregos

Se queres garavanzos bótaos por San Marcos.

Se queres aveas bótaas por Candeas.

O crego e maila criada

ordenaron de cocer

tiñan a leña no monte

e a fariña sen moer.

María se vas o río lavar

ten conta da roupa que a podes rachar.

Por debaixo da ponte víronte pasar. As pernas de María viñan de lavar.

Cantiga de mulleres e homes A muller e a sardiña

canto máis pequeniña

máis saborosiña.

O home e o oso

canto máis feo

Máis fermoso.

Miña nai por me casar

e meu pai por darme o dote

armaron un zafarancho e rompéronlle os pés o pote. Feito por Marta Otero Deus



O Caneco.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei fixen ben
tamén o botou Manolo,
tamén o botou Manolo, tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo

E súmballe o caneco e o caneco sumba,
e súmballe o caneco e o caneco sumba, sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba,
e súmballe o caneco e o caneco sumba, sumba.

Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.

E súmballe o caneco…

Boteiche un polbo na saia
Túa nai ben me mirou
Agora vaite queixar ó cono que te botou.
Ó cono que te botou, ó cono que te botou.
Boteiche un polbo na saia
Túa nai ben me mirou.

E súmballe o caneco…



Quen teña viño
Quén teña viño, quén teña viño,
quén teña viño que me dea un pouquiño,
quén non o teña, quén non o teña,
que vaia rápido coller unha botella.
Repetir
Auga que non has de beber, déixaa…
Auga que non has de beber, déixaa…
auga que non has de beber,
déixaa correr, déixaa correr.
Repetir.




Muiñeira do Santo Amaro
Señor cura, señor cura
Señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei,
pídame unhas cantiguiñas pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repenicarei.

Moza bonita no mundo
Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá
porque fai como a mazá
todos a queren comer.

Ser solteiro é boa cousa
Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén,
deixarei para cando morra
deixarei para cando morra
pensar no que me convén.

Por dicir ¡Viva San Roque!
Por dicir ¡Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron
agora que o soltaron
¡Viva San Roque e o can!


O melro
O melro e maila melra
Iban polo prado abaixo
O melro como era pillo
Meteu a melra debaixo.

O melro e maila melra
Iban polo campo arriba
O melro como era pillo
Botoulle a pata por riba.

San Antonio de Catoira
Casamenteiro das vellas
Por qué non casas ás novas?
Qué mal che fixeron elas?

Aí vos vai a despedida
Aí vos vai a derradeira
Acabouse o chiculate
Rompeu a chiculateira.




Ondiñas veñen
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira,
descalciña polo area
parece unha Rianxeira.

Ondiñas veñen,
ondiñas veñen,
ondiñas veñen e van,
non te vaias rianxeira,
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo,
A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo,
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo.
Ondiñas veñen…

A virxe de Guadalupe
quen che fixo moreniña
quen che fixo moreniña
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaniña
que entrou pola ventaniña.
Ondiñas veñen…



A Maruxiña

Eu querer, quéroche ben
Eu téñoche admiración
Pero casarme contigo
Non mo pide o corazón.
Ai, Maruxiña,
Eu ben cho dicía
Que o andar de noite é unha tolería
Ai, Maruxiña,
Non é nada malo
Darlle un biquiño
A un namorado.
Ai, Maruxiña,
Detrás dun valado
Dáme un biquiño
Que non é pecado
Ai, Maruxiño,
Detrás dun codeso
Dáme un biquiño
Que eu ben cho merezo.



O pirimpimpín
Teño dentro do meu peito,
unha laranxa partida
para darlle ó meu amor,
O pirim pirim pim pim
para darlle a miña vida.

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,
Manolo vira pra cá
María vira pra aquí.
Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,
Manolo vira pra cá
María vira pra aquí

De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño,
quen me dera a min sabere
O pirim, pirim, pim, pim,
quen me ten tanto cariño.

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim…

Do outro lado do río,
do outro lado, meu ben
do outro lado do río
O pirim, pirim, pim, pim,
teño a quen le quero ben.

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,

Á entrada de Portugal
hai un lexo de letreiro
que sempre está a dicir
o pirim, pirim, pim, pim,
Portugal meu compañeiro.

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,

Rebola o pai, rebola a nai, rebola a filla,
e eu como son da familia tamén quero rebolar

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,

Rebola…

Pirimpimpín, pim, pim, pim, pim,



Feito por: Cecilia Lois Martin e Vanessa Casás Gacio



As mozas de Queixas,
na beira do tren,
quérense casar
e non teñen con quen.
Na entrada de Belir
hai un loureiro plantado,
que o plantaron as mozas
para casar de contado.
Coma as de Cerceda non hai,
como as de Cerceda non hai,
pasean por onde queren,
abusan de cantos hai.
Asubioume unha pega,
asubioume un paxaro,
asubioume unha pega
no campo de San Amaro (A Silva)
Miña nai por me casar
prometeume canto tiña,
agora que me casei
pagoume cunha galiña.
Miña nai por me casar
prometeume unha becerra,
agora que me casei
díxome que me morrera.
As mociñas de Rodís,
non son unha que son todas,
poñen tres pares de medias
para facer as pernas gordas.
Desde onde estou vexo
as areas do mar,
tamén vexo aos meus amores
e non lles podo falar.
Xa fun a Lalín,
xa pasei o mar,
xa probei as laranxas
do teu laranxal do teu laranxal
do teu laranxal.
Miña sogra morreu onte
e enterreina no palleiro,
deixeille un braciño fora
para tocar o pandeiro.
Polo río abaixo vai unha sartén,
se levara ovos ía eu tamén.
Polo río abaixo vai unha formig,
cunha man no cu e outra na barriga.
Hai amor amor, teño 101,
.pero que me guste non teño ningún
Miña nai miña naiciña
coma ela non vin outra,
lávame a miña camisa
no medio da súa roupa.
En Belir hai boas nenas,
en Buzarelos gana delas
e no Brazal caravillas para cancelas.
María ten 7 saias,
as 7 lle quedan ben,
no medio das 7 saias
pasa a máquina do tren.
María recría, muller de Cambón,
as pernas cagadas e o cu cheirón.

Feito por: Leticia Rodríguez Cabeza, Miriam García Raña e Lydia Pardo Becerra.